Distribuidora Anarquista Polaris

Proxecto de autoedición anarquista

Inauguramos o noso novo espazo web, despois dun parón motivado pola censura contra a plataforma anterior.

A finais do pasado mes de agosto de 2026, as autoridades estadounidenses lideradas polo goberno de extrema dereita de Donald Trump lideraron un ataque contra Autistici/Inventati, un servidor con base no territorio italiano e que ofrecía dende facía moitos anos unha ampla gama de soportes virtuais para coletivos e persoas implicadas dalgún xeito na loita contra o capitalismo ou contra as nocividades e opresións que del se derivan. Como resultado, Noblogs (a plataforma de blogs de A/I) foi desactivada. Semanas despois, o 6 de setembro, A/I anunciaron oficialmente o cese da súa actividade tras varios intentos fallidos de superar o bloqueo cibernético. Con isto, centos de coletivos antiautoritarios, editoriais ou doutro tipo, perdimos os nosos espazos web e con eles a dispoñibilidade do noso traballo. Isto supuxo un durísimo golpe á infraestrutura antiautoritaria en Internet.

Tras meses sen un espazo web, volvemos. Cremos que é importante aproveitar esta situación para un exercizo de reflexión coletiva arredor da vulnerabilidade das nosas estruturas se permitimos que dependan exclusivamente do seu soporte virtual. Tanto nas redes sociais comerciais como en plataformas máis afíns e, en principio, máis seguras, o noso traballo político en Internet atópase exposto, a mercé das decisións de líderes e tecnofascistas que poden borrar anos ou décadas de labor cun par de chamadas. Cremos que Internet é unha ferramente moi útil e case imprescindible hoxe en día, e que permite que os nosos materiais circulen por todas partes moi rápidamente. Igualmente, seguimos pensando (e agora con máis claridade todavía) que o realmente importante, e o que deberíamos potenciar, son os encontros cara a cara, en centros sociais, en ateneos, na rúa, nos centros de estudo ou traballo, nas encrucilladas. Alí é onde podemos chegar a ser incontrolables e perigoses para a orde existente.

Grazas a todes es compañeires que estes meses nos escribistes mensaxes preguntando que pasara co noso anterior blog, ou pedíndonos os materiais en PDF por e-mail, ou axudandonos a difundir o acontecido. Agardamos volvernos atopar pronto.

Viva a autoedición anarquista!

Feira Pontevedra